O Inorde avala o plan para dinamizar A Bola

Antonio Corbillón, Teresa Barge y Servando Álvarez.
O concello de A Bola celebrou onte a segunda sesión das I Xornadas Medioambientais, ca presentación ós veciños do Plan de Revitalización socioeconómica municipal, que tivo lugar na residencia de maiores de Podentes.
O acto, que foi seguido con moita atención polos asistentes, ó igual que xa sucedera na xornada anterior, estivo presidido, ó igual que na xornada anterior, pola alcaldesa, Teresa Barge, e participaron o responsable do documento sobre revitalización económica, Lalo Pavón; Antonio Corbillón, empresario de A Bola no sector horticultura; Servando Álvarez, técnico do Inorde e Xosé Manuel Rodríguez, xerente do mesmo organismo, que defendeu o futuro do plan de dinamización, pero 'se os veciños queren; do contrario, non hai nada que facer'.

O xerente do Inorde brindou total apoio para as iniciativas que poidan xurdir baseadas no aproveitamento dos recursos naturais e no sector agrogandeiro e forestal, e mesmo apuntou a posibilidade de levar a cabo experiencias piloto nos terreos de A Bola.

Te puede interesar