As maiores da Escola de Saúde celebraron o seu día

gaiteiras e pandereteiras de    sarreaus (1)
photo_camera A xornada rematou con música tradicional de mans das mulleres participantes.
O obxectivo pasa, con este tipo de iniciativas, por recuperar progresivamente todas as actividades que, tradicionalmente, celebra esta agrupación e que por mor da pandemia deixaron de levarse a cabo en marzo do 2020.

O Día Internacional das Persoas Maiores celebrouse dun xeito especial na Comarca da Limia por medio da Escola Rural de Saúde, que congregou ás súas socias de Sarreaus, Porqueira, Arnuide e Xinzo de Limia para vivir unha xornada inesquecible con música popular e bo ambiente. O obxectivo pasa, con este tipo de iniciativas, por recuperar progresivamente todas as actividades que, tradicionalmente, celebra esta agrupación e que por mor da pandemia deixaron de levarse a cabo en marzo do 2020. 

No Día Internacional dos Maiores na Limia, durante o que se lembrou a todas as víctimas da pandemia, rendeuse unha homenaxe especial a Rosa Garrido que, con 99 anos, é a muller máis lonxeva do pobo de Arnuide e que non se quixo perder esta festa de confraternización. 

Rosa Garrido 99 años(homenajeada) y su hija ana

A xornada rematou con muñeiras e cánticos de todas as mulleres. Dende a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia quixeron agradecer a súa colaboración as persoas que fixeron posible “unha tarde tan agardada polas participantes neste acto”.

Te puede interesar