As precipitacións rexistradas o pasado xoves non impediron que a quinta edición do Festival Reina Loba desembarcase en Os Blancos con máis dunha ducia de obradoiros e 24 concertos para disfrutar durante estes días.
Unha vintena de persoas participaron, precisamente, no taller de cerámica ofrecido onte no Local Espacio Matrioska e que foi impartido por "Alvarro". Durante a formación, que inaugurou a segunda xornada festiva na localidade, os participantes aprenderon as claves básicas da arxila de maneira práctica, baseándose nas técnicas tradicionais de creación e cocción. Non foi o único obradoiro do día, senon que se impartiron clases de ioga con María Sánchez, canción creativa con Manu Clavijo e baile con Gabi Reboredo. Ademais, celebrouse unha mesa redonda sobre proxectos e espazos de arte no campo, e diversos xogos tradicionais.
Os concertos comezaron ás 15,00 horas e, entre outros, pasaron por Os Blancos agrupacións como Marala Trío, Mundo Chillón ou Alpargata.
O Festival Reina Loba rematará hoxe cun programa lúdico e festivo que comezará ás 11,00 horas e se prolongará ata a madrugada con nove concertos.