comercio local

Pro Limia comeza a preparar a campaña de Nadal na comarca

Reunión de comerciantes en Xinzo.
photo_camera Participantes na reunión de este mércores de Prolimia.

A nova directiva da asociación de empresarios e comerciantes da limia escollerase na vindeira asemblea

A directiva de Pro Limia convocou este mércores a todos os seus asociados a unha xuntanza na aula 7 da Casa da Cultura de Xinzo -na praza Carlos Casares- co obxectivo de comezar a traballar na vindeira campaña de Nadal e de fixar a data da vindeira asemblea xeral.

Os actuais dirixentes da asociación de empresarios e comerciantes da Limia agardan una renovación na dirección do grupo aínda que, de non ser posible, aseguran que non abandonarán o proxecto. Logo de sufrir varias dimisións e de non promover conxuntamente unha campaña con actividades durante o "Black Friday", tal e como si fixeran en outras ocasións -aínda que si motivaron as compras con cartelería e publicidade o pasado venres 23 de novembro-, a agrupación comarcal traballará para sacar adiante un programa especial de cara ás vindeiras festas de Nadal que promova o movemento no comercio local e nos servizos.

Dende o Concello de Xinzo decidiron este ano adiantar o prendido do alumeado navideño -no que se investiron 22.000 euros- facéndoo coincidir co venres negro e motivar, deste xeito, as compras na vila. A administración autonómica converteuse nunha das primeiras de toda Galicia en facelo e, dende alí, o concelleiro de Comercio e Promoción Económica, Carlos Gómez, amosou a súa total predisposición para "escoitar e apoiar iniciativas que axuden a reflotar o sector", unha das pezas económicas fundamentais na Limia.

Te puede interesar