XINZO DE LIMIA

Os regantes do Limia temen sancións oficiais

Solicitan ó alcalde de Xinzo, que se reúna co presidente da Hidrográfica, co subdelegado do Goberno e cos mandos da Garda Civil, de quen depende o Seprona, para expoñerlle a problemática

Os socialistas constatan que se está a crear certa alarma entre os agricultores da comunidade de regantes de Lamas Ganade, ante as inspeccións dos axentes da autoridade por regar do Río Limia, una practica que lles permite “regar en precario” con moito traballo e con moito esforzo, mentres non se acometan as modernizacións pendentes, que foron atendidas e dotadas de cartos nos orzamentos do Estado para o 2009, coa intención de que se farían en catro anos e por importe de 27 millóns de euros. Para non ser sancionados polas autoridades, unha intervención do PSdeG facilitou que a Confederación Hidrográfica do Miño Sil concedera un “permiso que lles permitía regar do río Limia entre o 15 de xuño e o 15 de agosto, uns 30 días, a escoller entre esas datas”.

Agora solicitan ó alcalde de Xinzo, Antonio Perez, que se reúna co presidente da Hidrográfica, co subdelegado do Goberno e cos mandos da Garda Civil, de quen depende o Seprona, para expoñerlle a problemática, todo elo coa intención de evitar posibles multas e expedientes de sancións. n
 

Te puede interesar