Regresa o Mercado de Artesanía de Vilar de Santos

Organizado pola Asociación de Artesáns Limiar e pola Arca da Noe, a programación arrancará ás 13,30 horas co concerto de Faneka e, posteriormente, será a quenda de Xingras da Arca. 

O concello de Vilar de Santos recuperará o vindeiro 21 de maio unha das súas citas imperdibles da primavera: o Mercado de Artesanía e Produto Local que este ano chega á súa oitava edición e que terá concertos, faladoiros e postos. 

Organizado pola Asociación de Artesáns Limiar e pola Arca da Noe, a programación arrancará ás 13,30 horas co concerto de Faneka e, posteriormente, será a quenda de Xingras da Arca. 

A partir das 16,30 horas haberá contos con Iseo A Moura e, dende as 17,30 horas, será posible asistir a unha conferencia que levará por título “Cultivando ruralidades. Mulleres a sementar futuro”. A conferencia, na que participarán varias mulleres, terá lugar no Museo da Limia, onde dende as 12,00 horas poderán atoparse os postos de artesanía a produto local. A xornada pecharase co concerto de Faltriqueira.

Te puede interesar