A LIMIA

Vilar de Santos baixa o prezo do solo industrial

poligono_vilar_de_santos_result
photo_camera Vista xeral do Parque Empresarial de Santa Marta, en Vilar de Santos.

O Concello impulsa un plan comercial para captar novas empresas

 O Concello de Vilar de Santos puxo en marcha un plan comercial para impulsar a instalación de novas empresas no parque empresarial de Santa Marta e dinamizar a actividade económica. O parque empresarial púxose en marcha no ano 1998 e na actualidade ocupa 200.000 metros cadrados de superficie, con 23 empresas instaladas que dan emprego directo a 95 personas, ás que hai que sumarlle o emprego inducido.

Neste momento restan no parque 33.000 metros cadrados de solo industrial dispoñible en parcelas, polo que o Goberno municipal, que dirige Xan Jardón, deseñou e puxo en marcha un Plan Comercial para activar a súa venda, para atraer novas empresas e proxectos. O Plan contempla, nesta primeira fase, una serie de medidas, xa aprobadas.
A primeira consiste na previsión de venta directa e inmediata dun lote de tres parcelas que suman un total de 7.204 metros, cunha rebaixa no prezo establecido respecto da última venda pública, quedando fixado o prezo final en 15 euros o metro cadrado. 

Outra medida para facilitar a adquisición das parcelas vai ser o arrendamento con opción de compra, mediante o cal o Concello concede aos arrendatarios un dereito de opción de compra da parcela polo prezo de venda sinalado.  A renda queda fixada no 6% anual do prezo de venda de cada parcela e o prazo de duración de contrato de arrendamento será de dous ou tres anos.

Outra paso que deu o concello foi establecer unha liña de incentivos coa modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras, fixando a bonificación no 80% da cuota do imposto para aqueles proxectos que sexan declarados de especial interese municipal por fomentar e crear emprego en Vilar de Santos.
 

Te puede interesar