A LIMIA

Xinzo Adiante solicita que o concello traballe con banca ética

Solicita que o consistorio cancele o uso de contas bancarias en entidades tradicionais e que, de non poder ser, se lle dea prioridade ás compañías de banca ética

A candidatura veciñal Xinzo Adiante vén de rexistrar unha moción para solicitar ao Concello de Xinzo que estude a viabilidade de realizar todas as operacións bancarias do municipio con entidades de banca ética. Así mesmo, solicita que o consistorio cancele o uso de contas bancarias en entidades tradicionais e que, de non poder ser, se lle dea prioridade ás compañías de banca ética para a apertura de futuras contas municipais.

Segundo informa o concelleiro de XA, Xosé Miguel Barrio, “a banca ética non traballa condicionada polo criterio do máximo beneficio e a especulación, senón que reinviste na economía real e social”. Cidades como Barcelona ou Donostia xa traballan con algunha destas entidades comprometidas coa “economía real”. A agrupación independente XA procura sumarse á lista de municipios que teñen aprobado mocións similares durante os últimos anos.

Te puede interesar