Xinzo inaugura mañá as xornadas universitarias

Incluirán un seminario sobre o patrimonio cultural da Limia

As xornadas de formación universitaria para maiores de 50 anos arrancarán mañá sábado en Xinzo e incluirán un seminario sobre o patrimonio cultural da Limia que se completará cunha visita guiada á Pedra Alta de Antela e aos Miliarios de Vilariño das Poldras.

Carolina Casal Chico, doutora en Arte Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixirá a formación, que se desenvolverá na Casa da Cultura de Xinzo entre as 10,00 horas e as 11,30 horas da mañá, e dende as 16,30 horas ás 18,00 horas da tarde. A Criminoloxía e a Política Criminal serán os temas principais das xornadas na charla programada para o 17 de abril, e o 24 falarase sobre as medidas preventivas fronte ao contaxio de enfermidades.

Te puede interesar