Xogar ao pádel costa 8 euros na pista de Xinzo

Pistas de pádel no Concello de Xinzo de Limia.
photo_camera Pistas de pádel no Concello de Xinzo de Limia.
As pistas abríronse no período estival e teñen unha gran demanda

O Concello de Xinzo de Limia xa dispón de ordenanza para regular o cobro polo uso das pistas de pádel ante a gran demanda existente e para ordenar o acceso, comprometer aos usuarios coa boa utilización e mantemento e reducir o número de anulacións de reservas. 

As pistas abríronse no período estival, despois de construírse cunha inversión de 48.000 euros, contando cunha subvención da Deputación de Ourense de 35.000 euros.

O prezo de hora e media por pista é de 8 euros. O seu uso queda prohibido a menores de 14 anos, salvo que se encontren baixo a supervisión dunha persoa maior de idade. Tampouco se poderán dar clases por parte de particulares, salvo as organizadas coa intervención do Concello.

En canto as reservas, as quendas realizaranse por un mínimo de unha hora e media e nas franxas establecidas pola Concellería de Deportes, que nos últimos meses puxo en marcha unha app gratuíta que permite facilitar este trámite a veciños e visitantes.

Te puede interesar