INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS

Melloras no campo de O Couto

Visita obra en O Couto
14-3-16
photo_camera Visita ao Couto. En primer termo, Marisol Díaz (dereita) e Lete Lasa (2ºd). (MARTIÑO PINAL)

A actuación supuxo un investimento de 133.600 euros, e consistiu no acondicionamento de espazos baixo as gradas do estadio para albergar as oficinas e dependencias das once federacións deportivas con sede na cidade

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou este luns as obras realizadas no Campo de Fútbol de O Couto, actuacións financiadas pola secretaria xeral para o Deporte. Na visita, o secretario xeral estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

A actuación supuxo un investimento de 133.600 euros, e consistiu no acondicionamento de espazos baixo as gradas do estadio para albergar as oficinas e dependencias das once federacións deportivas con sede en Ourense, co fin de facilitarlles instalacións máis axeitadas para o desenvolvemento do seu traballo. Habilitáronse así once recintos diferenciados, máis unha sala de xuntas para uso común e unha zona de aseos.

Estes investimentos únense aos máis de 190.000 euros destinados nos últimos cinco anos para diversas melloras do estadio de O Couto, como o acondicionamento de locais, a reparación da bancada, a impermeabilización da cuberta de tribuna ou a mellora do céspede e do sistema de rego.

Nesta mesma liña, Lete Lasa quixo destacar "os compromisos do departamento autonómico de Deportes coa cidade de Ourense, como a reforma do anexo dos Remedios ou a futura pista de atletismo cuberta en Expourense".

Te puede interesar