Candidato do PPdeG á presidencia da Xunta

Alberto Núñez Feijoo: ‘Para poder presidir Galicia é bon chegar con coñecementos de goberno e oposición’

Núñez Feijóo, durante la entrevista, en Ourense. (Foto: Marcos Atrio)
A súa vida profesional está vencellada á Administración. Dirixiu o Sergas, o Insalud e presidiu Correos. Dende ahí voltou a Galicia para ser conselleiro de Política Territorial e vicepresidente da Xunta. Agora aspira á presidencia.
Vostede participou na campaña de 2005, aínda que entón non era candidato á presidencia, como agora. Qué diferencias aporta esa circunstancia?

Moita máis movilización, máis ilusión e tamén máis interés, do que deduzco que a xente despois de coñecidos os últimos catro anos non quere repetir. Estou vendo moitas ganas hacia o que representamos e moita decepción polo labor feito polo bipartito entre quenes votaron PSOE ou nacionalista, ao que se suman a ausencia de propostas e a abundancia de insultos por parte ámbalas duas forzas.

Despois das eleccións de hai catro anos, nas que o seu partido perdeu a maioría absoluta, deuse a unha situación inédita para vostede, que tivera responsabilidades como conselleiro e vicepresidente da Xunta, sin coñecer a oposición. Qué supuxo para vostede esa travesía do deserto?

Pois foron catro anos imprescindibles para a miña vida política. Significou unha oportunidade para ver a política dende outra óptica, que me aportou unha experiencia enorme para poder ser presidente de Galicia, ata o punto de que creo que para presidir iste país é bon chegar con coñecementos de goberno e da oposición. Un dos problemas diste bipartito fallido foi que nunca había estado no Goberno; non se pode chegar a unha Consellería ou a unha Dirección Xeral sin haber xestionado un euro público ou habendo xestionado só un concello mediano. Para dirixir Galicia é necesario chegar aprendidos.

Pagan as campañas o esforzo que supoñen para os partidos?


Sen dúbida. Non só o compensan, senon que é unha oportunidade única de achegarse á xente, de falar con tres mil ou catro mil persoas ó día, darlle a man a unhos centos mais e tamén escoitar centenares de inquedanzas dos cidadáns. É a maior honra que pode ter un político, cando lle gusta de verdade o contacto ca xente.

Síntese con opcións para gobernar?


Si me preguntara eso fai dous anos, ou incluso un, tería que contestarlle de outra forma. Pero xusto mo pregunta cando faltan tres días para votacións e podo asegurarlle que a persoa que ten máis posibilidades de gobernar por decisión das urnas é o señor Núñez Feijóo. Os outros están esperando exclusivamente que o Partido Popular non consiga 38 escanos porque carecen de opción algunha de facelo impoñéndose nas urnas.

Diga cinco cousas que anularía ou suprimiría da xestión do actual goberno da Xunta?

A negación da crise económica a sabendas, o enorme clientelismo na colocación de miles de persoas nas consellerías nacionalistas e na de Medio Ambiente, a enorme soberbia que tivo o presidente do bipartito ca metade de Galicia que votou ó Partido Popular, cos seus alcaldes e presidentes de Deputación; a cuarta sería a pouca fiabilidade dise Goberno, con propostas infantís ou manifestamente irrealizables, como que o AVE chegará no 2012 ou que o novo hospital de Vigo estará feito en 2012. É unha data mítica, como nas anteriores eleccións a foi a de 2009. Todo quedaba emplazado para ise ano, incluidas esas dús iniciativas mencionadas, pero había máis: a autovía a Celanova, Vigo conectado a alta velocidade. Todo iba pasar en 2009. Fíxese qué fiabilidade a dun presidente que hai só tres días denunciaba as imposicións dos nacionalistas na coalición, cando durante tres anos negou calquer tipo de imposicións. Por último, dende o primeiro día da toma de posesión ata a última decisión adoptada foron tres anos dun Goberno dividido e descoordinado, que á vez era oposición. Todo elo debería non ter existido ou polo menos contar ca posibilidade de poder borralo por ben de todos.

Dígame outras cinco decisións que tomaría vostede como pilares da súa hipotética acción de goberno?

A primeira, manter un Gober no unido. Dende os nomeamentos será un Goberno de Galicia, de todos, incluidos o que non nos teña votado; en segundo lugar, diseñar antes do verán un gran plan de austeridade, cun aforro de 100 millóns de euros en gasto burocrático mantendo o gasto social; rebaixar un 50% os impostos que gravan a adquisición de vivenda para os menores de 35 anos e familias numerosas; rebaixar o 8% do Imposto da Renda ás familias que ingresen menos de 20.000 euros anuais, para axudarlles a facer a compra -e dígoo literalmente- e, tamén, presentarei ó Goberno de Madrid unha proposta de convenio ou acordo político solemne para replantear todas as datas de infraestructuras viarias que atinxen a Galicia. Ademáis deso, traballar denodadamente para o novo sistema de financiamento da crise que xa padecemos, mantendo os servicios públicos. Por certo, o vicepresidente Solbes xa dixo que non vai presentar o plan de financiamento antes das eleccións autonómicas, polo que hai que temerse o peor, que perdamos capacidade frente a outras Comunidades.

Quén obtería peor nota como gobernante, ó seu entender, o PSdeG ou o BNG?


O PSOE é un partido que sempre foi mal xestor, algo ó que xa estamos acostumbrados dende a etapa de Felipe González. Zapatero recibiu a mellor España posible, e en 2005, o bipartito recibiu a mellor Galicia con menor paro posible. Hoxe estamos en recesión. No que se refire ó BNG, sorprende o elevadísimo nivel de caciquismo, que tamén se da en determinadas consellerías co PSOE, como Medio Ambiente. Ahí están as denuncias pola xestión de Sogama, feitas por membros do propio consello de administración.

As enquisas manteñen a incertidume dos resultados. Significa eso que a campaña se mantivo á marxe das tormentas externas?

As enquisas o que reflicten é que o PP está moi forte, con mensaxes sorprendentes en democracia. Por unha parte, que o partido que non gobernou durante os últimos catro anos lle vai a sacar 10-12 puntos de ventaxa ó máis importante dos que estivo no Goberno e case 20 puntos ós nacionalistas. Eso significa claramente que o electorado non quere a iste Goberno e que prefire ó Partido Popular. Tamén é significativo que un candidato que se presenta por vez primeira obteña iste nivel de apoio. Eu agradézcoo moitísimo, porque me motiva para seguir en política. Eu fixen a miña traxectoria traballando en ámbitos da xestión administrativa e por eso valorarei inmensamente a oportunidade qeu me concedan os galegos.

Investigacións, denuncias, dimisión do ministro de Xustiza... Cre que estas cuestións inflúen na campaña?

Non. O Partido Socialista tiña unha estratexia moi clara: eludir falar do que falan as familias, os autónomos, os comerciantes, e iniciou unha maniobra de despiste, típica desta formación cando as cousas lle van mal, pero ó final foi unha bomba que lle estallou nas mans, algo así como a crónica do cazador cazado. A biografía política do señor Bermejo como ministro foi un abuso e falla de respeto á labor que tiña encomendada para garantir o funcionamento da Xustiza, amosando a sua absoluta dependencia dos intereses do PSOE en detrimento dos cidadáns. Son as consecuencias de levar o sectarismo ás accións de goberno.

Durante a campaña, os seus rivais insisten en que os próximos anos serán decisivos para Ourense. Imaxino que vostede non será menos, pero explíqueme cómo pensa facer para que a provincia saia de onde está, porque esa misma afirmación xa a fixo un ilustre antecesor seu que ata iba a ser o conselleiro de Ourense e para Ourense... pero seguimos nos lugares que naide quere.

Por primeira vez, Ourense ten a posibilidades histórica de ter un presidente de Galicia e seguro que os ourensáns van a valorar esa circunstancia. Deixeme darlle un só dato: é a única posibilidade para Ourense, dende a fase embrionaria da preautonomía con Xosé Quiroga, de que os doce mil millóns de euros do orzamento galego os manexe un presidente ourensán, o cual constitúe unha gran oportunidade, porque ademáis, cando un non cumple co seu pobo, difícilmente vai a poder facelo cos demáis. Ise é o meu compromiso, no que vai incluido o esforzo para arranxar deficiencias como as da sanidade, infraestructuras, solo industrial, saneamento rural, transporte metropolitano, parón do AVE ou a crise.

Cando falaba de infraestructuras mencionou varias veces a Vigo, ¿cuál é a súa aposta?

Trátase da primeira cidade de Galiza por méritos propios e, ademáis, atópase agora mesmo nun momento decisivo para materializar os retos pendentes que lle sirvan para seguir avanzando e consolidar a progresión dos últimos anos. Os vigueses merecen que se fagan realidade iniciativas como a Cidade da Xustiza ou a ETEA, como tamén precisan máis infraestructuras culturais, desbloquear o auditorio e apoiar a actividade cultural da cidade. É preciso, ou mellor, imprescindible, salvar a ría. Queremos que se leve a cabo o seu saneamento e que a súa riqueza natural sexa, xunto a medidas estructurais, unha boa maneira de apoiar a un sector clave para a economía como pesca. En definitiva, Vigo precisa un plan de inversións que contemple a construcción e mellora das conexións viarias e infraestructuras, dende os túneles urbanos á ampliación da Ponte de Rande, a Ronda ou a aposta polo transporte metropolitano e o metro. Paralelamente, é necesario respaldar á industria con instrumentos eficaces para a súa reactivación económica, apostando pola posta en marcha de máis solo industrial e apoiando a automoción e creación dun centro que sexa referente en Reparación Naval, complementario da valiosa industria do sector.

Te puede interesar