Atropelado por un taxi un traballador de limpeza en Oleiros

Un traballador do servizo de limpeza do Concello de Oleiros, na área metropolitana da Coruña, foi atropelado hoxe por un taxi.

O operario traballaba de mañá, arredor das 11.00 horas, na estrada dos Regos, cando sufriu o aparatoso atropelo.

Segundo explica a Axencia Galega de Emerxencias, tras o suceso foi solicitada a intervención da Garda Civil, da Policía Local e dos servizos sanitarios de emerxencia.

Despois do seu traslado ao servizo de Urxencias do Hospital San Rafael detectáronlle, entre outras contusións, fracturas en ambas as dúas pernas que o manterán de baixa durante varias semanas.

Te puede interesar