Retegal reforza a infraestructura para acelerar a banda ancha

O operador público de telecomunicacións Retegal reforza as súas infraestruturas na provincia de Lugo para acelerar a extensión da banda ancha. Esta actuación esta integrada nunha das liñas estratéxicas do Plan de Banda Ancha da Xunta e contará cunha inversión de máis de 7,7 millóns de euros ata 2013.
Así o explicou a Xunta nun comunicado no que asegurou que o Plan contempla, entre as súas actuacións fundamentais, a potenciación do operador público Retegal dotándoo de máis medios, capacidades e converténdoo nunha ferramenta que permita 'optimizar e acelerar' a extensión da banda ancha. Esta medida permitirá aproveitar toda a infraestrutura pública actual e a redución dos custos de despregamento.

A inversión prevista para reforzar as infraestruturas de Retegal na provincia luguesa superará os 7,7 millóns de euros no período 2010-2013, o que supón o 23 por cento da inversión total prevista pola Xunta na comunidade para esta acción concreta do Plan de Banda Larga 2010-2013.

A principal liña de inversión desta actuación será a tendida de máis de 200 novos quilómetros de fibra óptica para unir diversos centros de telecomunicación de Retegal distribuídos pola provincia de Lugo e que permitirá a conexión destes á alta velocidade. Estes centros uniranse tamén co resto dos 400 centros e microcentros de telecomunicacións de Retegal en toda Galicia mediante radioenlaces.

Ademais, sobre a infraestrutura física do operador estase a construíragora mesmo unha rede de transmisión de alta velocidade mediante tecnoloxías de última xeración (MPLS e WDM), con taxas de transferencia de 10 GB entre localizacións de Retegal.

Te puede interesar