O Sindicato Labrego denuncia a 'inutilidade' das axudas para paliar e previr os danos do lobo

O Sindicato Labrego Galego criticou este luns as 'inoperancia e pasividade' da Consellería de Medio Rural ante os danos producidos polo lobo nas explotacións agroganaderas galegas ao tempo que denunciou a 'inutilidade' das axudas para paliar e previr os seus ataques.
Nun comunicado, o Sindicato Labrego asegurou que as axudas son 'tan irrisorias' que 'parecen unha burla' e que 'non 'van solucionar' un problema que 'está a causar perdas millonarias ao agro galego'.

Ao mesmo tempo, o sindicato asegurou que os datos de ataques por parte de lobos en Galicia son 'falsos', dado que Medio Rural 'só ten en conta os ataques que confirman os seus servizos técnicos, que non son todos'. 'Ademais, moitas das explotacións agrarias non dan parte dos danos para evitar unhas enormes obrigas burocráticas que só serven para conseguir unhas exiguas esmolas que non cobren, nin de lonxe, as perdas xeradas', asegura o SLG.

Te puede interesar