Cuatro tiempos 21/03/2012

Hablando de educación

Hace 25 años... EL OBISPO ORDENA NUEVOS DIÁCONOS

Hace 50 años... PASAPORTES PARA EMIGRAR

Hace 75 años... ORENSE APADRINA A BOBADILLA DEL MONTE

(1) Un acto académico, con todos os ingredientes que conleva a lectura dunha tese, pero sobre todo un acto emotivo, por dous motivos principais: en primeiro lugar, o significado que tiña para a Facultade de F. e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, que comenzasen a defenderse as primeiras teses de historia de educación dos doutorados formados na casa; en segundo lugar, a alegría dos mestres e alumnos da República, aínda vivos, por verse reflexados nun traballo académico do status dunha tese doutoral.

En relación co primeiro, o director da tese, o amigo Ruiz Berrio, estaba en Oviedo, pero a estes efectos era da casa, exercía como profesor de Santiago na dirección de teses que tiñan o seu corazón afincado no país, que querían recuperar a memoria dun extraordinario pasado educativo, e facer recoñecemento público aos seus protagonistas. O mestre director estaba noutra universidade, pero cooperaba cos mestres galegos, que nos transmitiron ese amor pola nosa terra e a nosa historia. E fixérono con entusiasmo. A mellor motivación para interesarnos pola historia propia era o amor que eles mesmos lle profesaban: Mercedes Suárez Pazos, Antón Costa e, especialmente, Herminio Barreiro, o profesor de Historia da Educación con miaúscula.

Herminio deixounos en 2010, ano fatídico que levou tamén aos alumnos do Plan profesional de maxisterio da República, Luis Taboada, José Sueiro e Antonio Vázquez, dous deles asistentes como público á lectura da tese. Aos alumnos-mestres da República débolle moito pola amizade e colaboración na localización de fontes e testemuñas sobre os mais diversos episodios da historia educativa ourensá. A Herminio débolle moita da miña formación histórico-pedagóxica, e ese alento constante que se resume na esaxerada frase que pronunciou desde o tribunal: 'Hoxe 21 de marzo de 1987 comeza a primavera da Historia da Educación en Galiza'. Primavera na que afloraron sobre todo Narciso de Gabriel, Anxo Porto, e tantos outros, que foron demostrando como a nosa sociedade foi capaz de cambiar a nosa escola ao longo do período contemporáneo.

Eu non asumín totalmente o significado da frase, e seguro que as miñas achegas non foron do alcance agardado polo profesor. Iso faime estar en débeda e recuperar o tempo perdido. Por iso a segunda edición do meu libro do ano 1989, así como as biografías que teño publicado de mestres e mestras da República -García Rojo, Rosa Pons, Antonia Ortiz, Concepción Ramón, Antonio Caneda, Francisco Sierra, Rafael Alonso, Ignacio Herrero, Raúl González, Fernández Mazas- pretenden recuperar esa primavera anunciada, na que brile o sol para os nosos grandes educadores da República e as augas reguen as súas sementes, despois de tanta noite que tiveron que pasar.
Disculpas a todos os non citados, pois necesitaría todo o xornal para personalizar todos os agradecementos a persoas que colaboraron naquela tese de fai 25 anos.

(Xosé Manuel Cid Fernández, 2012)

Hace 25 años... EL OBISPO ORDENA NUEVOS DIÁCONOS

“Obransa”, la compañía constructora de la Estación de autobuses de Orense, presenta expediente de suspensión de pagos y retira de la futura estación su maquinaria y obreros, poniendo en peligro los plazos previstos.
-El Obispo de Orense, monseñor Temiño, ordena como diáconos y presbíteros a los jóvenes Martín Atanes Losada, de Flariz; Manuel Domínguez Domínguez, de Barcia (Ribadavia); Jaime Justo Fernández, de Santabaia de Anfeoz, y Gumersindo Meiriño Fernández, de Oseira.
-El orensano Adolfo Domínguez se convierte en el primer diseñador español candidato a los premios “Hilo de oro”, que se entregan en Montecarlo en abril. Entre sus rivales están Giorgio Armani, Valentino, Gianni Versace, Karl Lagerfeld, Calvin Klein o Ralph Lauren, entre otros.
-(1) 'Educación y socialismo en Ourense durante la II República', tesis de José Manuel Cid.

Hace 50 años... PASAPORTES PARA EMIGRAR

En Comisaría de Policía se han recibido autorizaciones de salida de España a favor de: Albina Martínez Rodríguez, Roberto López García, Francisco Macías Arias, Manuel Nogueira Diéguez, Luis Picos Nieves, Saladina Rivero Rodríguez, Raúl Rodríguez Coleiro, José Rolán Rúa, Laura Vizcaya Fernández, José Castro Sanmamed, Ceferino Seijas Afonso, Manuel Carballo Masid, Elena Paz Paz, Néstor Carballo Pérez, Manuel Castro Losada, Concepción Tourón Fernández, Carlos da Costa Pereira, Amadeo Díaz Nóvoa, Carmen Fernández Fernández, Castora Fernández Estévez, Amalia Gómez García, Virginia González Pérez, Manuel González Ugarte, Carmen Iglesias Seara, Francisco Losada Peaguda, María Salgado Feijóo, Josefa Montero Pérez, Antonio Novelle Rodríguez, Carmen Paz Benítez, Domingo Pérez Pérez, Sira Prieto Covelo, José Quintas Martínez y José Rivera Leboreiro.

Hace 75 años... ORENSE APADRINA A BOBADILLA DEL MONTE

Se prohíbe a los vendedores de piezas usadas de autos la venta de estos artículos sin haberlos declarado antes. Se busca evitar negocios excesivamente lucrativos de personas desaprensivas.
-La Dirección General de Beneficencia propone que cada provincia apadrine a un pueblo asolado por los marxistas. A Orense le toca Boadilla del Monte (Madrid).
-Desde ahora los extranjeros que visiten la España franquista deberán de hacer declaración jurada en la aduana de las divisas que traen. A su salida del país se comprobará que no lleva más cantidad.
-El gobernador militar de esta plaza multó con 1.000 pesetas al vecino de Verín Manuel Rúa Fidalgo, quien, para que no le fuese requisado un camión de su propiedad, hizo al conductor del Parque Móvil encargado de la clasificación del material, con el ofrecimiento de 5.000 pesetas.

Te puede interesar