verín

Baltar potenciará “a comunicación entre o partido e os ourensáns"

Manuel Baltar, presentou onte aos compromisarios de Verín e Conso Frieiras os 16 compromisos que integran o seu programa de propostas para o novo mandato

Manuel Baltar, candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, presentou onte aos compromisarios de Verín e Conso Frieiras os 16 compromisos que integran o seu programa de propostas para o novo mandato, resaltando o uso das novas tecnoloxías para conseguir unha maior comunicación cos ourensáns. "Un partido aberto é aquel que non só fala, senón que tamén escoita, por iso o PP quere potenciar o uso dos medios que hoxe temos ao noso alcance para ter un contacto máis fluido cos nosos veciños", afirmou Baltar.

Por este motivo, o uso das novas tecnoloxías está moi presente no programa de Manuel Baltar. Nesta liña, propón crear unha aplicación para móbiles e habilitar un espazo na web do partido que, baixo o nome 'O presidente responde', permita aos cidadáns formular as súas consultas, ao tempo que se compromete a responder ás preguntas no prazo de tres días.

Residentes no exterior
A palabra dos residentes no ex terior tamén é fundamental para Manuel Baltar, polo que entre as súas propostas figura a apertura dun espazo específico para eles na web do partido. 
Con estes compromisos Manuel Baltar poñía de relevo a aposta que ven realizando desde hai anos pola  innovación tecnolóxica aplicada ao labor político.

Te puede interesar