MONTERREI

O BNG detecta un verquido contaminante 
en Monterrei

Segundo o portavoz nacionalista, Alberte Rodríguez,por dito canle, de case un kilómetro de lonxitude, "transcorre auga turbia con restos fecais, que expiden olores nauseabundos".

O portavoz do grupo municipal do BNG de Monterrei denunciou a existencia de residuos contaminante nunha canle pola que descorren as augas residuais procedentes do pobo de Sandín, "que inundan as parcelas lindantes e eliminan a vexetación por onde pasan". Segundo o portavoz nacionalista, Alberte Rodríguez,por dito canle, de case un kilómetro de lonxitude, "transcorre auga turbia con restos fecais, que expiden olores nauseabundos".

O concelleiro do BNG visitou a zona e comprobou que recentemente se instalou una depuradora a escasos metros do verquido que segundo dí, "inicialmente estaba prevista para depurar as augas de Sandín e Flariz, "pero a realidade é que as augas residuais de Sandín a poucos metros da deputadora impídeselle deliberadamente o paso á canalización existente ata a depuradora, obrigandoas a desembocar na acequia que desemboca no río Souto".

Sinala o portavoz nacionalista que este feito xa foi denunciado en varias ocasións polos veciños do pobo no concello, "atopándose sempre con respostas evasivas e dende fai máis de medio ano aínda non puxeron solución ó devandito verquido". Por esta circunstancia, o BNG "insta ás autoridades do Concello de Monterrei a abrir unha investigación sobre o motivo dos ditos vertidos e esiximos a limpeza da zona".

Te puede interesar