Música

O Conservatorio de Verín enche as rúas de música

A minibanda actuou na Praza García Barbón

Esta mañá, ás 10,30 horas saía a banda do Conservatorio de música de Verín da Praza do Concello para percorrer as rúas da localidade facendo soar os seus instrumentos. O pasarrúas rematou na Praza García Barbón, onde a minibanda -os máis cativos- realizaron un concerto ás 12,30 horas.

Dende o Conservatorio organizaron esta actividade con moita ilusión, xa que é o primeiro pasarrúas da banda. Para esta ocasión especial, o Concello de Verín agasallou aos integrantes da banda cunha gravata, que luciron todos durante a xornada.

Dende a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do centro aplauden a labor que están a facer os profesores do Conservatorio: "están facendo un traballazo e esforzándose a diario, temos uns grandísimos profesionais e si cabe mellores persoas cos nosos nenos e nenas, somos moi afortunados".

Te puede interesar