LUME FORESTAL

Controlado o incendio de Verín

O lume que afecta á parroquia de Vilamaior dende o xoves quedou baixo control ás 11,30 horas deste domingo


A Consellería do Medio Rural informou que o incendio que desde o xoves afecta á parroquia de Vilamaior, en Verín (Ourense), quedou baixo control ás 11,30 horas deste domingo.

Este incendio, que o pasado xoves obrigou a cortar a autovía A-52 e decretar a `Situación 2` de emerxencia pola proximidade do lume ás casas, calcinou xa preto de 1.400 hectáreas, segundo as últimas estimacións dadas a coñecer.

Nas tarefas de control participaron, ao longo das últimas xornadas, cinco técnicos, 61 axentes, 107 brigadas, 69 motobombas e sete pas, así como medios aéreos.

Te puede interesar