actividades de nadal

Medio cento de actividades para nenos e maiores no Nadal de Verín

Concertos, obradoiros, mercados e feiras específicas, actividades para os centros de maiores e unha programación diaria na Ludoteca

Medio cento de actividades de todo tipo para nenos e maiores  cofnorman a ampla oferta de ocio e lecer deseñada polo Concello de Verín e que foi presentada onte  polo tenente de alcalde, Diego Lourenzo, e a concelleira de Cultura, Emilia Somoza. O programa de actividades, cun marcado eixo participativo, está pensado para implicar a nenos e maiores. 

Concertos, obradoiros, mercados e feiras específicas, actividades para os centros de maiores e unha programación diaria na Ludoteca, co obxectivo de conciliar a vida familiar e laboral, son as citas principais, xunto coa tradicional cabalgata de Reis.

O día 23 continuarán as actividades con feira na praza García Barbón, una das máis grandes do ano, e a apertura, ás 19,30 horas, na Sá de Exposicións de “En-clave-de arte”, unha mostra dos alumnos da Escola de Artes e Oficios. Ese mesmo día, no Auditorio, terá lugar o concerto da banda “Nova Era”. 

O día 24, no Pavillón de Deportes, obradoiro de xoguetes para os máis pequenos con Brazolinda, e tamén no Pavillón, o día 29 ás cinco da tarde, sesión especial para os máis pequenos con “Paiasolandia”. 

Te puede interesar