Música e un xantar para celebrar o San Antonio en Cualedro

Trala procesión e a misa polo patrón do municipio, realizouse a tradicional poxa de cacholas e lacóns entre os presentes

A pesar de que foi luns, os veciños de Cualedro festexaron con cariño e devoción o San Antonio, patrón da localidade -xunto a Santa María, o 15 de agosto-, tras dous anos sen poder pedirlle polos animais e polos seus desexos debido as restricións do  coronavirus. 

Unha xornada -festivo local- moi especial para os habitantes do municipio, que percorreron as rúas de Cualedro tralo Santo. E como é costume, despois da procesión e misa, realizouse a poxa das cacholas e lacóns entre os presentes. Entre eles atopábase Luciano Rivero, alcalde de Cualedro, quen asegurou que “xa se notaban as ganas de volver á normalidade e celebrar o San Antonio, é unha data moi sinalada nos nosos calendarios”. 

FESTAS CUALEDRO 2022  (11)

Despois desa parte da celebración máis relixiosa, foi a quenda do xantar popular, que deu cita a máis de 50 veciños. “Hai que ter en conta que aquí é festivo, pero moita xente está fora e hoxe é luns”, engadiu Rivero Cuquejo. Alí, mozos e maiores desfrutaron dunha xornada de reencontro con esas comidas “á galega” e en comunidade, coa música de fondo e un ambiente de alegría. E foi o grupo A Roda quen culminou a cita co San Antonio de 2022, facendo bailar aos presentes.

Te puede interesar