FUNCIÓN

A obra “Amigos ata a morte" terá dous pases no Auditorio de Verín

As entradas pódense mercar en www.ataquilla.com e fisicamente no Auditorio Municipal

Debido á grande demanda de entradas que está a experimentar a función da obra “Amigos ata a morte”, programada para o 25 de Marzo en Verín, a produtora e o Concello decidiron programar un novo pase para o venres 24 de marzo.

As entradas pódense mercar en www.ataquilla.com e fisicamente no Auditorio Municipal, a partir do xoves 9 de marzo, en horario de 17,00 a 20,00 horas (de luns a venres). Ambas funcións terán lugar no Auditorio Municipal de Verín, ás 20,30 horas.

"Amigos ata a morte" é unha das comedias máis exitosas da historia do teatro en galego. Xosé Antonio Touriñán -do programa da Televisión de Galicia Land Rober-, David Amor e a actriz ourensana Ledicia Sola, volverán subirse aos escenarios na que será a última xira desta comedia que xa viron máis de 12.000 persoas en Galicia.

Te puede interesar