As obras de rehabilitación da fortaleza de Monterrei comezarán en febreiro e rematarán en 2025

A Xunta de Galicia adxudicou as obras de rehabilitación da fortaleza de Monterrei, que arrincarán en febreiro de 2024. A previsión é que os traballos estean rematados en 2025

A rehabilitación da fortaleza de Monterrei comezará en febreiro de 2024 e, segundo as previsións, as obras rematarán en 2025

Así o sinalou este xoves o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, no acto de sinatura do contrato de inicio dos traballos con representantes da empresa adxudicataria.

Merelles salientou a “importancia estratéxica” destas actuacións coas que a Xunta de Galicia recuperará algúns dos edificios da fortaleza e tamén porá en valor os espazos con usos turíticos. O Goberno autonómico destina 14 milóns de euros á restauración desta infraestrutura.

As actuacións

O proxecto rehabilitará os edificios do Cuartel de Infantería, o antiguo Concello e o Colexio de San Xoán. Ademais, realizaranse traballos adicionais na Praza do Mercado e na de Armasco obxectivo de revalorizar o seu uso turístico. Tamén se ampliará a capacidade de aloxamento do actual Parador.

A intervención terá lugar en espazos públicos de titularidade autonómica e afectará a máis de 20.000 metros cadrados. “Buscamos transformar este conxunto histórico único para facer de Monterrei un gran polo de atracción do sector turístico e cultural, dotándoo de diferentes usos, principalmente turísticos, de cara aos próximos anos”, apuntou Xosé Merelles.

Este proxecto está incluido no Plan Xacobeo Next Generation que inclúe a rehabilitación de 12 Bens de Interese Cultural vinculados ao Camiño de Santiago.

No acto de sinatura tamén participaron o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o director rexional de Paradores, Francisco Plaza, e o presidente do INORDE, Rosendo Luis Fernández.
 

Te puede interesar