LECTOR DENUNCIA

Acceso digno para unhas vivendas en Río Cenza

Dibujo

Levamos anos agardando que o Concello de Ourense atenda algunha das múltiples solicitudes feitas para a construción de beirarrúas na rúa Rio Cenza, en O Vinteún, xa que os usuarios teñen que acceder as súas vivendas pola estrada co perigoso que resulta para os nosos fillos e fillas e tamén para os nosos maiores, que non poden usar un paso habilitado entre bolardos que se atopa nun penoso estado. Este paso non é apto nin para carriños de bebés, nin para cadeiras de rodas, nin para os nosos avós con movilidade reducida, como se amosa na imaxe. Agardamos que o Concello non espere a que aconteza calquer desgraza con algún vehículo para actuar. Pagamos os nosos impostos como calquer outro veciño da cidade e reclamamos os nosos servizos.
 
Te puede interesar