Contratos fraudulentos

Descontrol laboral no Concello de Carballiño

O Concello cheira mal...
No Concello do Carballiño, duns anos para aquí estanse a facer as cousas no ámbito laboral de maneira incorrecta, e en casos, incluso merecedoras de calificación penal.

As denuncias xa son varias, e o Concello, en lugar de buuscar un arreglo extraxudicial, métese en disputas que ten perdidas de antemán, gastando máis recursos dos cidadáns e enfrontándose de malas maneiras ós perxudicados.
Nas áreas de Servicios Sociais e Deportes, é onde se atopan o maior número de contratacións fraudulentas consistentes en encadeamento de contratos máis alá dos márxenes legais, convocatoria innecesaria de concursos ano tras ano, contratacións eventuais camufladas por servicios contra factura obviando as bases de contratación de traballadores eventuais, omisión algunha das llistas de contratación de persoas excluídas neses concursos...e todo para facer e desfacer ó gusto do concellal de turno, asesorado de mala maneira por xente pouco preparada no ámbito, e cando aparecen problemas, prefiren ir ó xuzgado antes asesorarse con expertos e arreglar o desvaraxuste que teñen.

O que realmente están conseguindo tanto PSOE como BNG é que a xente de esquerdas non vaia votar ante a ineptitude dos seus representantes e o PP logre o tan ansiado retorno á alcaldía.

Ó respecto da cuestión xa hai varias sentencias reconocendo a mala actuación nesas contratacións e nun futuro podería chegar algunha inhabilitación por prevaricación da que hai probas escritas, testemuñas e gravacións públicas que así o verifican.

Xa que nin BNG, nin PSOE, nin o PP, velan polo bo facer dos representantes, esperemos desde aquí darlle un tirón de orellas e que se poñan ó rego¡¡¡¡

Te puede interesar