Estrada cortada por un penedo que ninguén tira

Un enorme penedo, tal como se pode apreciar na fotografía, cortou a pasada semana a estrada OU-556 que comunica os pobos de Almorfe e Luintra, no Concello de Nogueira de Ramuín.
Trátase dunha vía secundaria moi utilizada polos veciños para acceder á N-120 en Melias (Pereiro), facendo máis curtos os desprazamentos ata Ourense. Avisados Concello e Deputación, e a pesares de que enviaron alí persoal e comenzaron os traballos, unha semana despois alí seguía este magnífico penedo que, enteiro, é digno de adornar calquera xardín.

Te puede interesar