O CARBALLIÑO

Os alumnos do Conservatorio demandan 
un profesor

A presidenta, Sofía Sieiro, levan 15 días sen profesor desa especialidade e sen clases de linguaxe musical e educación auditiva.

A plataforma de afectados pola suba das matrículas do Conservatorio e Escola de Música do Carballiño faise eco do malestar existente entre o alumnado de percusión de segundo grao elemental do Conservatorio porque, segundo apunta a presidenta, Sofía Sieiro, levan 15 días sen profesor desa especialidade e sen clases de linguaxe musical e educación auditiva. Engade que o Concello tiña que ter comezado onte o proceso selectivo, pero que non se pode facer porque a persoa responsable de seleccionar un sustituto non acude nestas datas ó Concello .

Asegura a presidenta que o pasado luns cumplíronse os 15 días legais para realizar o proceso, o que desmostra "a desidía deste concello cara ao Conservatorio e Escola de Música, desidia que cada día se agrava por falla de solucións e, o que é pior, de interese por mantelo".

Te puede interesar