Augas do Paraño obtén a autorización para a súa ampliación

A Xunta rematou a tramitación ambiental do proxecto de interese autonómico para a ampliación das instalacións de Augas do Paraño, no Concello de Boborás. Un novo paso adiante na tramitación deste proxecto que pode xerar novas oportunidades tanto a nivel económico como laboral, especialmente na comarca do Carballiño. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático acaba de emitir o informe ambiental estratéxico, no que conclúe que non debe someterse a avaliación ambiental ordinaria xa que non se agardan efectos ambientais adversos significativos.

O obxecto é posibilitar a ampliación das instalacións actuais de Augas do Paraño SL, regulando a súa implantación e fixando as condicións urbanísticas necesarias.

O proxecto de ampliación prevé un investimento de 7 millóns de euros para instalar novas liñas de embotellado de auga mineral: desmineralizada, en formato “bag in box” (bolsas cheas a presión e introducidas en caixas de cartón) e en envase de cristal. A ampliación das súas instalacións é, polo tanto, unha necesidade estratéxica para a empresa, que poderá incrementar os niveis de envasado e distribución.

Trátase dunha empresa familiar de capital galego fundada en 2004. Conta con case unha trintena de empregados e factura máis de 2 millóns ó ano.

Te puede interesar