Boborás prepara unha viaxe a Portugal ó precio de 70 euros

O Concello de Boborás organiza unha excursión de carácter lúdico e cultural a Portugal para os vindeiros días 2 e 3 de abril, co fin de visitar diversos lugares como a cidade de Porto ou as localidades costeiras de Esposende e Povoa de Varzim.
A viaxe é de gran significación histórica e cultural, segundo apuntaron os responsables municipais, para o que se contará con visitas guiadas en algúns dos sitios máis emblemáticos que se visiten. Un dos atractivos do recorrido será unha das famosas adegas do viño de Porto.

A saída está programada para o día 2, ás 7,00 horas, do Colexio Público. O primeiro destino será Porto, para continuar despois a viaxe cara Esposende, onde está reservado un hotel en primeira liña de praia.Finalmente, os excursionaistas irán a Povoa de Varzim, para seguidamente retornar a Boborás.

O coste de cada plaza é de 70 euros, tanto para as persoas empadroadas no municipio como para os de fora, estando subvencionado polo Concello de Boborás o 50 por cento do gasto. O prezo inclúe a viaxe de ida e volta, aloxamento e almorzo no hotel, xantar e cea do sábado, xantar do domingo, visitas guiadas e seguro de viaxe.

Os interesados poden pasar polo Concello para formalizar a súa inscripción canto antes xa que as plazas son limitadas. As autoridades municipais estableceron como data límite para anotarse o próximo 31 de Marzo. A organización confía en lograr unha boa resposta por parte dos veciños.

Te puede interesar