O CEIP Irixo, gañador dun concurso literario

CEIP O Irixo.
photo_camera CEIP O Irixo.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, fallaron o VIII Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos 2024, elexindo como gañadora na categoría de Primaria a Lara Da Pena Fidalgo, do curso de 6º de Primaria do CEIP Virxe da Pena da Sela de O Irixo. 

Lara Da Pena presentou baixo o alcume “Rojo” un traballo titulado “A falsa amiga de José”. Narra a historia de José, un rapaz que sufre bullying no colexio polo seu aspecto. Polo seu aniversario, os pais agasallárono cun ordenador, e aí descargou facebook e comezou a falar con María, a súa primeira amiga. Esta rapaza pedíalle fotos, cada vez máis íntimas, ata que José asustouse e contoulle todo o acontecido aos seus pais, que denunciaron o caso á Policía.

Na investigación, descubriron que a falsa María era un home que vendía fotos de nenos menores de idade, que finalmente acabou en prisión.

Neste mesmo concurso, o gañador na categoría da ESO foi Antón Álvarez Rodríguez, alumno que cursa 4º da ESO no IES República Oriental do Uruguai en Vigo. Os dous premiados recibirán unha tableta, ademais dun kit de robótica para a súa aula.

Tamén o colexio de O Irixo recibe o recoñecemento especial do certame ao ser o centro que máis traballos presentou.

Este concurso ten por obxecto que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade, promovendo o coñecemento de cales son os dereitos e responsabilidades.

Te puede interesar