Os nenos carballiñeses poderán disfrutar do programa ‘XogaRural’ en xullo e agosto

O centro Xogaventura do Carballiño organiza a sexta edición de ‘XogaRural’, un programa que conta co patrocinio da Deputación provincial de Ourense que se desenvolverá entre os días 1 de xullo e 28 de agosto, e que vai dirixido ós rapaces do rural do municipio.
O xerente de Xogaventura, Xosé Luis Alves, sinala que ‘é un proxecto de animación no que os auténticos protagonistas son os nenos e nenas das 15 parroquias rurais do Carballiño, aínda que tamén poden acudir os do casco urbán’. A inscripción é gratuita e aberta a rapaces de entre 4 e 14 anos de idade, tendo acollida as actividades tódolos martes, mércores e xoves de xullo e agosto nas instalacións do centro lúdico, na rúa Evaristo Vaamonde.

Os participantes disfrutarán de xogos de iniciación ós deportes de aventura, obradoiros artísticos e de reciclaxe, nun horario comprendido entre as 10,00 e as 13,00 horas. Xosé Luis Alves comenta que ‘o que pretendemos é motivar, mobilizar e dinamizar globalmente a vida comunitaria e favorecer a socialización dos rapaces nestas datas de vacacións nas que hai poucas alternativas para encher o seu tempo de lecer’.

Te puede interesar