PROMOCIÓN TURÍSTICA

As adegas abren as súas portas durante este 
fin de semana

<p></p>
photo_camera Participantes na última edición.Participantes na última edición.

Durante a quinta xornada de portas abertas pódense visitar lugares emblemáticos e bañarse nas termas

A Ruta do Viño do Ribeiro celebra hoxe e mañá a quinta edición das Xornadas de Portas Abertas, nas que o visitante poderá acceder de xeito gratuíto ás 14 adegas que se apuntaron a esta iniciativa e visitar lugares tan emblemáticos como a rectoral de Santo André, Pazos de Arenteiro, navegar en catamarán ou bañarse nas Termas de Prexigueiro, entre outras actividades, que tamén organizan as adegas.

Ademais, varios restaurantes ofrecerán dous menús elaborados especialmente para a ocasión, que incluirán primeiro e un segundo prato, acompañados de viño do Ribeiro, e sobremesa. Así mesmo, ofrecerán menús infantís para nenos menores de 12 anos, beneficiándose tamén os visitantes de descontos en aloxamentos e outros eventos relacionados co mundo do viño. Para achegarse ás diferentes bodegas participantes, estará en servizo o Bus do Viño. Deste xeito, os participantes poderán vivir a experiencia con total comodidade e despreocupación. Son en total catro rutas no Ribeiro que partirán de Ourense, Lugo, Vigo e Santiago de Compostela.

Te puede interesar