Adegas de Cenlle abren a porta para facer a proba do viño novo

A localidade de Cenlle celebrou onte a súa primeira xornada adicada ó viño novo. A iniciativa, que parte de catro adegueiros, continuará hoxe e mañá, elexindo esta ponte da Constitución para dar a coñecer os caldos desta zona tan característicos, sobre todo no que se refire ós tintos. A partir do mediodía, os veciños e visitantes tiveron a oportunidade de degustar os viños destas adegas en taza e a pe de pipa, xa que aínda é moi cedo para ser embotellado.
A idea de desenvolver en determinadas épocas do ano unhas xornadas de portas abertas xurdiu a raíz da celebración da Festa do Viño Tinto de Cenlle, que xa cumpliu nove anos, e que tivo lugar durante o pasado mes de xuño. Nesta festa de exaltación do viño véñense organizando nas últimas edicións varias rutas polas adegas, que durante dous días abren a súa porta ó público.

Esa experiencia decidiuse ampliala a outras épocas á vista do éxito acadado e como unha boa forma de promocionar os viños da zona e potenciar este municipio da Denominación de Orixe Ribeiro, polo que conta co apoio do concello que dirixe Gabriel Alén.

Te puede interesar