O BNG de Ribadavia insta ao pleno a reclamar melloras no transporte público

O BNG reclama a través dunha moción que se abordará mañá no pleno a reposición dos servizos de tren e bus para que a veciñanza de Ribadavia poida acollerse a súa bonificación.
O Ministerio de Transporte vén de anunciar a bonificación do tren de cercanías e media distancia pero os servizos ferroviarios que se prestan en Ribadavia foron diminuíndo polo que estas medidas que incentivan o uso do transporte público “son impracticables para a nosa veciñanza”, sinala. 

Afirma que “hoxe só ten parada en Ribadavia un tren da liña de rexionais entre Ourense e Vigo, e se alguén se despraza de Ribadavia a Ourense xa non ten tren en que regresar ata o día seguinte”. No caso do bus, engade que “coa posta en marcha por parte da Xunta do sistema de bus baixo demanda, na práctica xa non circulan os buses de liña que conectaban Ribadavia cos concellos da contorna”.

Te puede interesar