RIBADAVIA

O BNG reclama 
a homologación do prezo da 
uva no Ribeiro

O grupo nacionalista  pide que as adegas que participen na feira do viño acrediten que teñen o contrato

O grupo municipal do BNG de Ribadavia presentou unha moción para tomar o acordo de instar á Consellaría do Medio Rural a convocar aos distintos representantes do sector vitivinícola do Ribeiro, para establecer un novo contrato homologado para a vendima de 2015 e seguintes campañas, partindo da base do contrato vixente ate o ano 2010.

Nese senso, tamén solicita dar translado do acordo aos demais concellos da Denominación de Orixe Ribeiro, ao Consello Regulador, á Deputación provincial e á Consellería do Medio Rural.

Por outra parte, tamén propoñen os nacionalistas que as adegas que desexen participar na Feira do Viño do Ribeiro deberán acreditar que adquiren uva no marco de dito contrato e que cumpren cos prazos de pagamento establecidos no mesmo.

O grupo municipal do BNG apunta que varios concellos da comarca, as principais adegas e as organizacións que agrupan aos produtores de uva do Ribeiro demandan dito marco regulador da comercialización da uva na comarca. "Sen embargo, a Xunta de Galicia, administración competente, careceu da suficiente vontade para lograr un acordo entre as partes implicadas", sinala o portavoz, Anxo Collarte. n
 

Te puede interesar