O proxecto de promoción do sector en Ribadavia oferta escaparates para publicitar empresas

O comercio incorporou dez novos locais nun ano e medio

A rúa Progreso acolle unha boa parte do comercio local. (Foto: Martiño Pinal)
Un total de dez locais comerciais puxéronse en marcha no último ano e medio en Ribadavia. As autoridades municipais consideran que o proxecto de promoción deste sector, que contempla diversas accións, está dando resultados moi positivos.
Tras o acondicionamento das fachadas e escaparates de catro baixos cerrados dende fai anos co fin de mellorar a imaxen comercial da céntrica rúa Progreso, na segunda fase deste proxecto vaise dotar a estos espazos dos contidos para os que foron reformados, e que teñen que ver co ámbito publicitario e de potenciación do sector.
Esta intervención executarase na próxima semana, dotando aos escaparates dos locais con vinilos, pantallas LCD, imaxes e luces, onde os empresarios poderán presentar as súas ofertas dunha maneira moito máis atractiva. A acción compleméntase coa recuperación e mellora do casco urbán, con paneis con promoción dos produtos endóxenos de Ribadavia e do Ribeiro, como son o viño, os doces, o termalismo ou as artes escénicas e culturais, ademais dun directorio con todos os comercios e establecementos de Ribadavia, que se ubicará frente ó castelo, segundo apuntou o alcalde, Marcos Blanco.
Outras accións xa executadas consistiron na rehabilitación de dous locais na rúa Salgado Moscoso, nos que están instaladas unha empresa de produtos gourmet e unha parafarmacia.

Te puede interesar