educacion

O Concello de Castrelo pide máis prazas na súa Casa Niño

Zona común da Casa Niño de Castrelo de Miño.
photo_camera Zona común da Casa Niño de Castrelo de Miño.

O alcalde considera que é un servizo que impulsa a natalidade e afirma que hai moita demanda

Nesta semana abríase o prazo de inscrición para a Casa Niño de Castrelo de Miño, e no primeiro día xa se ocuparon todas as prazas dispoñibles para o curso 2019-20. Segundo apunta o alcalde, Xurxo Rodríguez Méndez, aínda aínda se poden inscribir algunhas familias máis para ocupar aquelas horas libres que poidan quedar dispoñibles entre as 08,00 e as 16,00 horas, nas que funciona este servicio de acollida dos nenos ata os tres anos de idade. Gracias ao seu extenso horario, neste curso 2018-2019 varios pais xa compartiron as horas libres dispoñibles, permitindo que unha praza poidera estar ocupada por dous nenos en horarios distintos, tendo en conta que a capacidade máxima é de cinco á vez.

Desde a súa apertura no ano 2017 xa pasaron polo centro 10 cativos nacidos na propia localidade de Castrelo de Miño nestes últimos anos. Ao seu fronte está encargada Alba García, técnica superior en Educación Infantil de Castrelo de Miño.


Plan piloto


O alcalde indicou que "este plan piloto ao que nos acollemos e que está sendo levado a cabo pola Xunta de Galicia en Castrelo de Miño demostrou a súa eficacia. Cando as parellas dispoñen no seu concello dun servizo de conciliación como este anímanse a aumentar a familia". Por ise motivo, plantéxalle tamén á Xunta de Galicia unha solicitude: "Felicitamos ao goberno galego por esta acertada iniciativa na que nós cremos desde o primeiro momento, pero agora a Xunta ten por diante o reto para 2020 de aumentar o número de prazas daquelas casas niño como esta de Castrelo que superaron as expectivas de ocupación". 

Nese sentido, Xurxo Rodríguez indica que isto si que é unha clara aposta polo rural porque unha soa medida aporta catro solucións ao mesmo tempo: "Xenera emprego, asenta a poboación, aumenta a natalidade e garante o futuro do colexio público, xa que todos os nenos que pasan pola casa niño serán os futuros alumnos do CEIP de Castrelo de Miño e garanten a súa viabilidade".


Rehabilitación da antigua escola de Prado


Os responsables municipais consideran que a Casa Niño é unha das principais medidas de conciliación laboral e familiar promovida polo concello neste mandato. Este servizo ofrece atención integral e personalizada aos nenos usuarios, atención das necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso, de acordo coa idade, e axuda a contribuír ao desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social dos nenos. O Concello destinou un orzamento de 50.000 euros no 2016, que se invertiu na rehabilitación das instalacións da antiga escola de Prado-Vide, en Prado de Miño. O que pretenden agora as autoridades municipais é ampliar o servizo, cun maior número de prazas.

Te puede interesar