O Concello de Melón pide axuda para acabar as obras da canceira

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu onte á alcaldesa de Melón, Cristina Francisco, para abordar entre outros asuntos a posta en marcha da canceira municipal. A rexidora pretende que a institución provincial preste o seu apoio para solicitar á Xunta unha inversión con vistas ó remate e posta en marcha do referido servizo.
Cristina Francisco insistiu en que os beneficios serían para Melón pero tamén para o resto dos concellos da comarca do Ribeiro na que a demanda dunhas instalacións para acoller ós cas é moi grande, ademáis de destacar que o seu funcionamento permitiría tamén a creación de algúns postos de traballo para prestar o servizo.

Te puede interesar