INCENDIOS FORESTALES

O Concello de Melón solicitou a declaración de zona catastrófica

A alcaldesa de Melón rexeita as críticas feitas polo grupo socialista en relación a intervención deste Concello nos últimos incendios, polo que a oposición solicitou un pleno para pedir a declaración de zona catastrófica. A alcaldesa, Cristina Francisco, afirma que esta solicitude fixoa despois de coñecer que o día anterior pediuse por decreto a declaración de zona catastrófica, "persoalmente e nunha reunión de carácter urxente co director Xeral de Montes, Tomás Fernández Couto", na cal trasladóuselle un primeiro informe detallando todos os danos sufridos, e solicitóuselle a posta en marcha o antes posible dun paquete de axudas, segúndo sinala a alcaldesa. 

Así mesmo, engade que tamén se lle solicitou a posta en marcha dunha colaboración efectiva entre as administracións implicadas na procura de solucións conxuntas para a protección dos núcleos rurais.

Te puede interesar