A Cruz Vermella informa sobre o sida e reparte preservativos

A Cruz Vermella do Ribeiro instalará hoxe unha mesa informativa na Rúa Progreso, a partires das 16.30 e ata as 18.30 horas con motivo do Día Mundial contra o Sida, dende a que se repartirán tamén preservativos e lazos.
Os membros da organización manifestaron a súa preocupación pola 'prevención de conductas de risco de transmisión de VIH sobre todo entre os mozos e mozas'. Engadiron que 'queremos condenar as conductas de rechazo e discriminación hacia as persoas afectadas que son manifestadas case sempre por as que no posúen ningunha información'.

Te puede interesar