Curso sobre as técnicas do cultivo para o sector vitícola

Viñas de Valdeorras.
photo_camera Viñas de Valdeorras.

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) organiza un curso sobre técnicas de cultivo para o sector vitícola, en colaboración coa Fundación Juana de Vega. Os cursos realizaranse entre o 21 e 31 de agosto e do 6 ao 8 de novembro en horario de tarde.

Ao longo deses días, sucederanse relatorios impartidos por expertos da Consellería do Medio Rural sobre temas relacionados co cultivo de viño. Trataranse cuestións como a plantación do viñedo, o correcto mantemento do solo, a detección de enfermidades e o uso de fitosanitarios; e tamén haberá un taller práctico sobre a poda e enxerto.

Está orientado a agricultores, viticultores e gandeiros activos con producións con orientación comercial; titulares, asalariados ou contratos a proba dunha explotación agraria; persoas en idade laboral con expectativas de incorporarse ao sector primario ou á industria transformadora; investigadores e público xeral.

Os obxectivos son que os asistentes se formen sobre temas fundamentais que se poidan poñer en práctica, como as pautas a seguir para establecer o viñedo, coñecer a posibilidade da diversidade varietal galega, como establecer pautas axeitadas para o manexo do solo cara unha viticultura sustentable ou coñecer as técnicas de manexo do enxerto, entre outros.

Te puede interesar