Dúas adegas das ribeiras do Avia triunfan no Reino Unido

As adegas Casal de Armán, de Ribadavia, e Coto de Gomariz, de Leiro, integradas na asociación 'Ribeiros do Avia', na Denominación de Orixe Ribeiro, están a obter altas calificacións por parte dos expertos en viños do Reino Unido.
Deste xeito, Coto de Gomariz foi o viño máis puntuado na lista da revista 'Decanter', xunto a viños de Rueda, Rioja ou Rías Baixas. Pola súa banda, Casal de Armán 'tamén comparte o privilexio de estar nos mellores restaurantes españoles de Londres, e en todos os holandeses con estrela Michelin', indican.

Así, 'Ribeiros do Avia' cumpre cun dos principais obxectivos que se marcaron hai máis de tres anos, cando catro adegas 'emprenderon a aventura da internacionalización dos seus productos', conclúen dende a asociación.

Te puede interesar