DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

O Etnolóxico celebra o Día 
dos Museos e 
os seus 30 anos

A programación das actividades comeza o 15 de maio cun concerto do quinteto de vento Airas Ensemble

O Museo Etnolóxico de Ribadavia celebra a semana do Día Internacional dos Museos con unha programación de actividades, que comeza o próximo día 15 de maio, ás 12,30 horas, no patio, cun concerto do quinteto de vento Airas Ensemble. O museo invita á cidadanía a celebrar os seus 30 anos aberto ao público con este grupo de cámara formado por novos músicos galegos e integrantes das formacións orquestrais NDR Radiophilarmonie de Hannover, Orquesta Sinfónica de Bilbao, Real Filharmonía de Galicia, European Chamber Ensemble e Orquestra Sinfónica Vigo 430.

As actividades continuarán o 18 de maio coa proxección dun documental en dúas sesións. Primeiro, ás 11,00 horas, os escolares poderán ver "À propos de Nice", de Jean Vigo, con interpretación musical en directo de Carlos Quintá. Mentras que a sesión para adultos está prevista ás 20,30 horas, tamén no salón de actos.

NOITE DOS MUSEOS

Por último, o 20 de mayo, desenvolverase "Noite dos Museos". O Museo Etnolóxico de Ribadavia únese con esta iniciativa á celebración europea dos museos, mantendo as portas abertas ata a 01,00 horas.

Ademais, entre as 20,30 e as 24,00 horas haberá visitas teatralizadas nas salas da exposición "Seguindo o Fío", segundo informan os responsables deste centro.

Te puede interesar