Galiza Nova celebra hoxe a súa Festa da Mocidade

A agrupación Galiza Nova O Ribeiro celebra hoxe no Parque Náutico de Castrelo de Miño a Festa da Mocidade, a partir das 20,00 horas. O programa de actividades previstas para esta festa inclúe un recital poético a cargo do escritor de Ribadavia, Jaime Moreda. Tamén está previsto un coloquio entre os mozos participantes sobre as problemáticas e alternativas para a mocidade no relativo ás dificultades laborais e sociais da actualidade. A Festa da Mocidade rematará con un concerto do grupo Nightmares. Os organizadores fan un chamamento á participación da mocidade.

Te puede interesar