O RIBEIRO

Unha moción insta a mellorar a contorna de Prexigueiro

A moción foi presentada por Ribeiro en Común ante "o enorme potencial da zona"

O grupo municipal Ribeiro en Común reclama ao goberno de Ribadavia que se mellore o espazo público das Termas de Prexigueiro, sinalando que ao concello sairíalle gratis por ser unha obriga da empresa concesionaria. Con tal motivo presentou unha moción tendo en conta que esta zona ten un enorme potencial "que a día de hoxe atópase abandonada por parte do concello". 

Este grupo da oposición considera que "o modelo mixto, de público e privado, que existe en Outariz e Chavasqueira é moi aplicable a Prexigueiro, mais cando a empresa concesionaria é a mesma". E recorda que "no contrato de concesión a empresa adxudicataria está obrigada a mellorar a zona pública".

Te puede interesar