CULTURA

O Museo Etnolóxico libera libros no Ribeiro e na cidade

Os libros liberados conterán as instrucións necesarias e estarán rexistrados na páxina da internet de Bookcrossing

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, o próximo 23 de abril, a Biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia xunto a 55 Bibliotecas de Museos e Centros de Arte de toda España participa hoxe nunha liberación conxunta de libros, procedentes da bolsa de duplicados das súas respectivas bibliotecas, e coa intención de que quen os recolla, goce da súa lectura e volva liberalos noutro punto distinto do mundo.

Os libros liberados conterán as instrucións necesarias e estarán rexistrados na páxina da internet de Bookcrossing, para facilitar a quen o encontre a súa participación na campaña e axude aos libros a viaxar.

Este ano a Biblioteca do Museo Etnolóxico vai deixar libres once libros polos paseos, sendas, vieiros e carreiros da comarca do Ribeiro e da cidade de Ourense.

Te puede interesar