Noite máxica de San Xoán e ciclo de bandas musicais

A banda A Lira nunha das súas actuacións.
photo_camera A banda A Lira nunha das súas actuacións.

Ribadavia celebra hoxe unha noite máxica de San Xoán. Despois de recoller onte as tradicionais herbas desta festividade pola beira do río, para hoxe, ás 22,30 horas, está prevista unha visita teatralizada ao Castelo de Ribadavia e será de balde ata completar o aforo.

A Praza Maior acollerá unha exposición das herbas medicinais recollidas e haberá queimada tamén teatralizada, rosquillas e melindres, e tamén a clásica cacharela.

Seguindo coa programación cultural, o Concello tamén organiza entre o 24 de junio e o 8 de julio un Ciclo de Bandas Musicais. Comeza o 24 de xuño, coa Agrupación Musical da Limia, ás 20,00 horas, na Praza da Madalena. O ciclo continuará o 26 deste mesmo mes, con un concerto de A Lira de Ribadavia, ás 19,00 horas, na Alameda.

Xa durante o mes de xullo, o día 2 actuará a Banda de Música Santádega de Coles, ás 20,00 horas, na Praza de San Xoán; e xa para rematar o ciclo está previsto o concerto da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, o día 8, ás 20,00 horas, no Auditorio Rubén García, no Castelo de Ribadavia.

A concelleira de Cultura, Paula Rodríguez, declaraba que este ciclo pretende ter continuidade en anos sucesivos porque está tendo moi boa acollida entre os veciños de Ribadavia, que manteñen unha tradición histórica de música de bandas.

Te puede interesar