FORMACIÓN

Piñor convoca un servizo de apoio para os rapaces en idade escolar

As familias interesadas poden inscribir os rapaces ata o 23 de setembro. 

Os rapaces do municipio de Piñor que inicien o periodo lectivo neste mes de setembro terán a oportunidade de participar, dende o 3 de outubro, nun programa de actividades organizado polo propio Concello. Neste sentido, nas oficiñas do departamento de Servizos Sociais xa se procedeu á apertura do prazo de inscrición no devandito servizo, denominado "Familias Tardías", que se ofrece co obxectivo de conciliar a vida familiar e laboral de pais e nais. 

O programa está destinado a cativos que cursen Educación Primaria ou Secundaria, que recibirán apoio escolar diario en horario de 17,45 a 20,00 horas, unha vez rematada a xornada escolar. As actividades desenvolveranse no edificio da antiga Casa do Concello, e o alumnado pode solicitar cambio de parada do autobús escolar para que poidan acudir neste medio de transporte. As familias interesadas poden inscribir os rapaces ata o 23 de setembro. 

Te puede interesar