PLENO

O pleno debatirá a desaparición do Rexistro Civil de Ribadavia

Ribeiro en Común insta á Corporación a solicitar a derrogación da Lei e buscar apoios dos concellos e do Parlamento, entre outras institucións

O grupo municipal Ribeiro en Común ven de presentar unha moción en defensa do Rexistro Civil de Ribadavia. Afirma o portavoz, Brais Fidalgo, que coa entrada en vigor da Lei 20/2011 prevista para o próximo mes de xuño, está prevista a desaparición da estrutura territorial actual dos Rexistros Civís, e só se vai garantir a creación dunha única oficina central. A maiores permitirase que as Comunidades Autónomas creen as súas propias oficinas por cada 500.000 habitantes.

"Isto pode supoñer que a estrutura actual dos rexistros civís fixada en cada concello de Galicia nos seus respectivos xulgados de primeira instancia e nos xulgados de paz, están en perigo", sinala. Por iso, insta á Corporación a solicitar a derrogación da Lei e buscar apoios dos concellos e do Parlamento, entre outras institucións. 

Te puede interesar